Si se pode

Si se pode
11 de Febreiro, 2020 - 11:55 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío afiánzase na cuarta praza da Liga feminina de Futbol 7 despois de gañar diante do Rosalía por 1-0.

ESCOITA O PODCAST:

O Perlío afiánzase na cuarta posición da liga feminina de futbol-7 con 15 puntos. O equipo de Juanjo Lorenzo vai crendo que si se pode. Perlío 1- Rosalía 0. Gañou pola mínima a unhas rivais directas no campionato. O gol de Judith no minuto 26 déulle a victoria ao equipo dos Pinares nun partido moi igualado, tal e como agardaban, e que por momentos era para unhas ou para outras, en palabras do técnico, Juanjo Lorenzo. Quizás as rapazas do Perlio estaban mellor plantadas no campo e cando tiveron unha boa, aproveitárona.

Na segunda parte estiveron algo mellor as fenesas pero houbo que reforzar a defensa para conservar a vantaxe. Funcionou. Quedan dous partidos para rematar a primeira volta. O próximo rival do Perlío feminino é o San Sadurniño, que ven pisando os talóns (12 puntos), un equipo dun nivel moi similar e un campo difícil de sonquistar. Teñen unha dianteira que está de racha goleadora. “Haberá que botarlle un ollo” afirma Lorenzo.

O Perlío feminino ven de gañar catro partidos consecutivos que queren gañar o quinto. A ver se pode ser nesta cita, no campo da piscina o sabado ás 19 horas.

Deportes

Publica o teu comentario agora