A SIDA tamén discrimina

A SIDA tamén discrimina

01 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O 70% das persoas infectadas polo virus da sida en África son mulleres. Esa cruda realidade e a que está recollida no documental  “Espertar”, realizado pola ONG “Axuda en Acción”, que hoxe se proxecta na Casa da Muller de Ferrol. Ambientado na realidade social de Mozambique, e cunha perspectiva de xénero primordial, o filme saca á luz feitos tan estremecedores como o nulo acceso a métodos anticonceptivos femininos ou ás me

“Espertar” tamén o nome dunha asociación mozambiqueña que traballa con persoas afectadas polo VIH nun país, Mozambique, no que dunha poboación cercana aos 19 millóns de habitantes, cáseque un millón e medio son seropositivos e, deles, o 70% mulleres. As razóns deste brutal desequilibrio hai que buscalas, segundo manifesta a integrante de “Axuda en Acción”, Ana García, fundamentalmente no contexto social posto que se trata de sociedades totalmente patriarcales e fortemente condicionadas por ideoloxías relixiosas. Sirva como exemplo o feito de que os tratamentos, tanto preventivos como curativos, só están subvencionados para os homes. 

A pesares de que os últimos informes sobre incidencia da enfermidade indican un período de estabilidade no número de contaxios, as organizacións que están a traballar neste campo consideran que as cifras do VIH nos países africanos seguen sendo “escandalosas”.

As liñas de traballo fundamentais nestes paises subdesenrolados céntranse básicamente en proxectos educativos de sensibilización e prevención que poidan contribuir a frear o avance desta pandemia dos paises africanos.

Sociedade