Sillobre, un ceo de escola

Sillobre, un ceo de escola

11 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

¡O tempo pasa voando!. O inicio do curso escolar é un medidor de tempo perfecto para demostralo. Unha nena, Araceli, que hai nada entraba, tal día coma hoxe, no colecio Centieiras de Perlío para empezar a sua educación infantil, entrou hoxe na escola unitaria de Sillobre para realizar as prácticas como mestra, porque estuda 4º de Educación Infantil na Universidade. E Radio Fene viviu directamente os dous acontecementos, o primeiro hai 18 anos no col

Esta mañá Radio Fene visitou a escola de Sillobre, situada a carón do adro da igrexa de Santa Mariña e xusto en frente da SCR Agarimo. Esta mañá entraron nela os 21 alumnos e alumnas, entre o ciclo infantil (11) e primaria (10)

Adicaron as primeiras horas da mañá a contar as experiencias vividas nas vacacións estivais e en poñer a punto libros e cadernos. E por ser o primeiro día recreo especial.

Duas mestras imparten clase na escola de Sillobre, reforzadas pola mestra de Relixión e outra de prácticas (Araceli) durante o primeiro trimestre. Unha das titoras, Victoria, amosábase feliz de traballar nunha escola que calificóu, por varias razóns,  de “moi acolledora". A amplitude e a luz das instalacións, a estreita colaboración dos pais e nais e sobre todo os nenos e nenas desta parroquia fenesa son alguns dos motivos para estar "encantadas" neste primeiro día de curso. 

Sociedade