A simbiose de dous mindonienses acadan o Ánxel Fole de literatura

A simbiose de dous mindonienses acadan o Ánxel Fole de literatura

29 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

“Poeta e xornalista”, é o título do ensaio co que Armando Requeixo acaba de gañar o XXIV Premio Literario Ánxel Fole, convocado pola Fundación Caixa Galicia e El progreso. O autor percorre no seu traballo a biografía de Xosé Díaz Jácome, achegando ademais abondosos documentos e fotografías sobre este autor. Requeixo reivindica a importancia de Díaz Jácome e apunta que non acadou maior tr

A querencia de Requeixo por Díaz Jácome vén de lonxe cando nos anos 90 bateu coa súa figura, da que pouco transcendía, e decidiu afondar no seu estudo. Segundo Requeixo, a pesar de non estar considerado como unha das primeiras espadas da literatura do século XX, desde o punto de vista teatral e intelectual non se trata dunha figura menor. Era un gran traballador cun carácter moi discreto, o que xogou en contra da súa popularización, sinalou. O galardoado destacou dúas vertentes do intelectual galego: a poesía, na que se espallou en distintos rexistros, e no xornalismo. 

Ademais de tirar de hemeroteca e da gran cantidade de material que recompilara do escritor e profesor mindoniense, Requeixo contou coa axuda inestimable da familia. Así puido acceder ao arquivo do autor, ao seu fondo espistolar e fotográfico ata darlle forma ao ensaio premiado.

O xurado destacou a amenidade do traballo. Requeixo afastouse dunha escrita técnica e “farragosa” que resulta complicada para o lector xeral. Deste xeito, presentou unha biografía que, sin faltar ao rigor, fora accesible a calquera lector.

Este recoñecemento é dobremente gratificante, apuntou. Por un lado, ao premiarse unha obra sobre Díaz Jácome, “un mindoniense da miña tribu” e ao tratarse do Ánxel Fole ao que tamén lle adiquei moito traballo.

Cultura