Simultáneas procesións sen pausa

Simultáneas procesións sen pausa
08 de Agosto, 2019 - 01:22 h. | Publicada por Radio Monforte

Lois Pereiro modernizou a literatura galega unindo o tratamento do amor e da morte. Deulle un carácter máis urbano a pesar de adicarlle tamén poemas ao Incio, segundo o seu editor Francisco Macías. Radio Fene e Radiofusión xa rendiron tributo a Lois Pereiro en agosto do 2010. Unha mesa redonda na Asociación Veciñal de Perlío serviu para falar do poeta ao que se lle adicaron as Letras Galegas do 2011. Participaran Xosé Manuel Pereiro, Anxos García Fonte e Noel Blanco.

ESCOITA O PODCAST:
Lembranza a Lois Pereiro. Concello do Incio

“Esta enerxía xa non vai ter fin, non foi creada nin será destruida. Irá ocupando diferentes vidas, transformandose en emocións alleas, tatuadas noutros corpos paralelos, en simultáneas procesións sen pausa”.  Estes versos do libro “Poesía última de amor e enfermidade” pódense ler na placa colocada diante do Concello do Incio en lembranza do escritor Lois Pereiro.

Cultura

Publica o teu comentario agora