Singles sen par organiza un encontro en Cabanas

Singles sen par organiza un encontro en Cabanas

21 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A asociación Singles sin par organiza un encontro para solteiros e solteiras na praia da Magdalena en Cabanas. Tratan de propiciar o coñecemento entre xente afín, con nexos ou vínculos en común.

A Cabanas achegaráse xente da Coruña, Ferrol ou Santiago. A cita é a unha e cuarto do mediodia de mañá domingo detrás do chiringuito El Pinar. Cada un dos asistentes debe levar a súa comida. Despois das presentacións daráse conta do xantar, segundo precisou a Radio Fene a organizadora do evento Fernanda Hermida.

Os singles poden acudir mañá á praia da Magdalena cos seus fillos. Despois de comer haberá xogos e logo os asistentes irán á discoteca Zeus en Campolongo para botar uns bailes. Quen desexe máis información pode solicitala na páxina web singlesinpar.tk ou no teléfono 696 545741.

Sociedade