A situación na Consellería de Traballo vai ser rocambolesca, segundo a CIG

A situación na Consellería de Traballo vai ser rocambolesca, segundo a CIG

14 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

E rocambolesco que a persoa encargada de promover a contratación e o emprego, sexa condenada nunha sentencia por ter a unha persoa sen contrato afirma o secretario de organización da CIG de Ferrolterra Francisco Cartelle.

O sindicalista rebate a versión da Consellería de Traballo, indicando que se remiten ao texto da sentencia xudicial, onde se declara que “houbo despido improcedente na relación laboral como empregada do fogar, e que houbo simultánea relación laboral como axudante de cociña e despido improcedente”. O auto tamén indica que deben responder de xeito solidario “a sociedade civil e os seus compoñentes e tamén Ana María Diaz López por ser xunto co seu irmán, titular empresarial da relación de empregada do fogar”.

 

O xuiz sinala que “a solidaridade afecta á sociedade civil e a cada unha das outras tres persoas físicas pois crearon a confusión xurídica e material destas duas relacións laborais sendo beneficiarios e organizadores de ambas”.A sentencia declara igualmente como feito probado que a demandante, “é cesada por Ana María Díaz López como empregada do fogar” e que de xeito paralelo realizaba actividade laboral como axudante de cociña no restaurante da cafetería da Estación de Autobuses de Ferrol, 6 dias á semana, 2 horas cada día.

Sociedade