Soan todas as alarmas

Soan todas as alarmas
17 de Decembro, 2018 - 10:31 h. | Publicada por Radio Fene

Na Primeira Galicia de fútbol, Sporting Sada 2 - 0 Cultural Maniños. “Estamos pasando polo pior momento da tempada” afirma o adestrador do Maniños Pablo Mesa que salienta: “Non nos sentimos cómodos no campo, non damos tres pases seguidos, non recoñezo ao meu equipo, pero xa fallamos nos adestramentos, porque por sancións, lesións e motivos laborais non reunimos o número suficiente de xogadores e non hai competencia interna entre eles. Teño acesas todas as alarmas”.

ESCOITA O PODCAST:
Sporting Sada - Cultural Maniños

O Maniños conta con 17 puntos e ocupa o posto número trece, pero só un punto por riba dos lugares de descenso. A próxima xornada recibe ao Brexo Lema no campo do Pote. “Vai ser unha final” salienta Mesa.

Deportes

Publica o teu comentario agora