A soedade dos edificios de Rafael Moneo na Coruña

A soedade dos edificios de Rafael Moneo na Coruña

18 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

As suas diferentes etapas e influencias, a sua concepción da soedade dos edificios, están patentes na mostra de Rafael Moneo na Coruña. O arquitecto defende a persoalidade de cada obra, en moitos casos aillandose do entorno. As maquetas de 18 edificios, amósanse na exposición na Fundación Barrié na Coruña. Tamén se incluen 142 fotografias e 94 debuxos orixinais.

A mostra enfatiza a importancia do debuxo como ferramenta fundamental na que o arquitecto desenvolve o seu traballo e define o seu pensamento. O oficio de Rafael Moneo debúllase nunha exposición que permanecerá aberta na Coruña ata marzo do 2014.

O arquitecto Rafael Moneo (Tudela, 1937), premiado co Mies van der Rohe e o Príncipe de Asturias, é o único español que posúe o Pritzker -o Nobel da arquitectura-, que logrou en 1996. O Kursaal, o Museo Nacional de Arte Romano de Mérida, a Fundación Miró ou a estación de Atocha son algunhas das súas obras máis coñecidas.

Sociedade