Solicitar licenzas, ver a tele, escoitar a radio, pagar impostos, ...

Solicitar licenzas, ver a tele, escoitar a radio, pagar impostos, ...

07 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Concello de As Pontes conta cunha nova páxina web coa que se pretende ofrecer á cidadanía non só unha ampla información sobre os servizos que oferta o concello, senón tamén axilizar trámites coma o pago de recibos ou a obtención da diferente documentación para, por exemplo, solicitar unha licenza. Esta ferramenta foi presentada esta tarde pola edil de Participación Ci

A primeira tenente de acalde subliñaba na súa intervención a utilidade deste novo instrumento non só para achegar a administración á cidadanía, senón tamén para axilizar procesos coma o pago de impostos.

A proposta que se poderá consultar na dirección www.aspontes.org é unha aposta pola sinxeleza, a facilidade de manexo e a funcionalidade sen esquencer a opinión da cidadanía que tamén poderá deixar os seus comentarios.

Información cultural, empresarial, social, teléfonos de interese ou actividades deportivas tamén terán o seu lugar nesta páxina que contará cun enlace ao blog realizado dende a radio televisión www.rtveume.blogspot.com e no que ademáis da información local é posible escoitar  e ver en directo os diferentes programas ofrecidos por estos medios e incluso rememorar algúns dos xa emitidos.
Institucional