A solidaridade ten moitos nomes

Numerosos actos sociais dos que se celebran estes dias previos ao Nadal, tratan de aproveitar o afán solidario destas datas.
10 de Decembro, 2019 - 12:33 h. | Publicada por Radio Fene

O Cultural Maniños, o CCRD de Perlío, o colexio Jorge Juan de Perlío ou Cáritas parroquial de Fene suman iniciativas solidarias nas vísperas do Nadal.

O Círculo de Perlío celebra o Nadal solidario este sabado 14 de decembro. Recolleránse alimentos destinados ao Banco de Alimentos Rias Altas. Ese dia, a partir das 19,30h actua en Perlio, Julia María Dopico Vale que ofrecerá un concerto de bandurria. E Silvia Romaus ofrecerá un monólogo cómico. Ao remate rifarase un cadro de José M. Pereiro (Ponche) valorado en 700 euros. Axudarase así a recadación de fondos para os máis desfavorecidos. A responsable de cultura do CCRD Perlío, Mariola Hermida, falounos da cita navideña.

O Cultural Maniños promove unha recollida de alimentos, roupa e xoguetes para familias que atravesan unha dificil situación económica. Anima a afección e á poboación en xeral a colaborar. Poden levar a súa axuda ao campo de fútbol do Pote ou poñerse en contacto co club no enderezo electronico culturalmaninhos@yahoo.es

O colexio Jorge Juan de Perlío organiza o mercadillo navideño e a carreira solidaria o sábado catorce de decembro. Haberá xoguetes, bisutería, plantas, maquillaxe, bazar, comida e obradoiros de globoflexia. Como entidades beneficiarias da recadación, figuran este ano Green Peace, a Sociedade Galega de Historia Natural e a Fundación Galicia Ambiental.

Cáritas parroquial de Fene lanza hoxe a campaña especial de Nadal. A recollida de alimentos no seu local na praza da Constitución empeza hoxe luns 9 e remata o 19 de decembro. Todos os dias, de cinco a sete da tarde no local do cruce de Fene recollen as aportacións da xente que aprovisionarán a unhas 30 familias que pasan por unha delicada situación económica.Tamén podemos depositar alimentos, se é máis cómodo, nos supermercados Eroski, Gadis de Fene e Perlío e Froiz en Marqués de Figueroa. Non so alimentos, Cáritas recolle tamén donativos en metálico porque o diñeiro tamén é necesario para cubrir outras necesidades durante todo o ano. Juana Dominguez aclara que xa a comezaron no mes de novembro os preparativos da campaña navideña. Cáritas de Fene está atendida por 10 persoas.

 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora