Solucionar os anegamentos no peirao

As obras estarán concluídas antes de que remate este mes.
16 de Xaneiro, 2019 - 02:21 h. | Publicada por Radio Fene

Iniciaronse os traballos para dar solución aos recurrentes anegamentos rexistrados en vivendas da zona baixa da Ribeiroa, no peirao de Baralllobre. As obras,orzamentadas nuns 9.000 euros, contemplan a renovación das canalizacións nun tramo de 10 metros e prevese que estén concluídos este mesmo mes.

 

Informe da situación

A intervención busca dar solución ás inundacións que sufren os veciños da zona baixa da Ribeiroa dende a entrada en funcionamento da EDAR sita no peirao de Barrallobre, e sempre coincidentes coas épocas de choiva. Así, o Concello encargaba a Viaqua un informe de situación, no que se detectaba que a saída do río canalizado que discorre pola rúa Ribeiroa se atopaba obstruído debido ao derrubamento da canle de saída do río. Un derrubamento que, amáis de impedir a libre circulación da auga, retiña todos os elementos sólidos que transporta a canle, tal que follas ou paus, o que provocaba un embalsamento da auga dentro do colector. Ese treito de río canalizado está, á súa vez, conectado mediante unha tubería co colector de augas residuais que transporta a auga ata o tanque de tormentas sito na mesma zona. Unha tubería que serve de aliviadoiro ao colector pero que, ao acumular a agua, producía o efecto contrario, colapsando a rede de fecais e provocando desbordamentos polas arquetas dos domicilios.

Solucións

Para darlle solución, o Concello está a actuar nos últimos dez metros do tramo do río dende a súa desembocadura. Estase a renovar ese tramo de 10 metros de

canalización. Uns traballos que requiren da demolición e reposición do aglomerado e dun treito das escaleiras de formigón, a excavación de terras e xestión de residuos

e a instalación dun sistema de bombeo mediante pozos e tubos provisionais para a modificación do curso do río mantendo a zona de traballo o máis seca posible, así

como a planificación dos traballos coas mareas. Calcúlase que os obras poden estar rematadas este mes.

Institucional

Publica o teu comentario agora