Somos como nos ven

Neste novo curso político Fene ten que decidir o modelo do servizo da auga que quere
10 de Setembro, 2019 - 11:12 h. | Publicada por Radio Fene

Gumersindo Galego quere consolidar o proxecto da auga a Magalofes, unha vez mercados e rexistrados os terreos onde se ubicarán os depósitos.

ESCOITA O PODCAST:

Novo curso político

Arranca un novo curso político e o alcalde de Fene ponse varios retos inescusables. Entre eles, a consolidación do proxecto da auga a Magalofes, unha vez mercados e rexistrados os terreos onde se ubicarán os depósitos de auga. O paso elevado na vía do tren en Perlío, a reforma do Plan de Urbanismo e a adxudicación ou municipalización do servizo de auga, unha vez que Viaqua está en periodo de prórroga, completan as aspiracións.

Pero non son as únicas

A mellora do camiño inglés ao seu paso por Fene e a consecución de infraestructuras para dar cobertura á cada vez máis pelegríns que queren pernoctar neste concello, é outra aspiración do goberno local. Ven de aprobarse a execución da mellora dun tramo do camiño e Galego pretende continuar con novos tramos nas Foxas, con vistas aos anos Santos e Xacobeos que se aveciñan. Afirma Galego que a imaxe que damos é moi importante. Os POS da Deputación no que queda do 2019 están xa en proceso de irse executando. Hai un POS+ pendente para As Foxas, orzamentado en 232 mil euros.

Curso Escolar

Mañá dia 11 arranca o curso escolar 2019-2020 e os centros de Fene están preparados na súa maior parte aínda que quedaron cousas pendentes. A cubrición da pista polideportiva do colexio Centieiras de Perlío está acabada pero queda a remodelación das gradas e dos vestiarios que se encontran no seu interior, unha obra presupostada con 40.000 euros.

A renovación da fachada de A Xunqueira foi outro proxecto que está listo antes de empezar o curso. Outra obra importante que non se executou no verán como se pretendía é a remodelación integral da escola de Sillobre que haberá que abordar este curso. A caldeira nova nos Casais de Maniños tamén está pendente así como no Ramo acometer unha accesibilidade a dous lumnos con paralise cerebral.

Noutra orde de cousas, a demolición da nave de Fondomar na Ribeira de Maniños vai moi retrasada. A conformidade co proxecto está entregada pero continúa pendente de licitación. Galego pretende que se inclúa nos próximos orzamentos da Xunta de Galicia.

A Festa Mariñeira que se celebrou o sabado pasado nese lugar da Ribeira de Barallobre resultou un éxito e o alcalde fala de consolidación. A proba é que se remataron todas as exsistencias. Agora quedan para o outono fenés varias citas: o Fene Rock na fin de semana do 13 e 14; o Outlet e o Concurso de Tapas que de momento non teñen data pero que xa se están organizando con comerciantes e hosteleiros.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora