Somos mileuristas

Somos mileuristas

20 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Algúns cualifican xa como a máis masiva das fraudes cometidas en Galicia, con máis de 40.000 afectados, centos de miles en todo o Estado. Referímonos ás participacións preferentes, uns produtos financeiros complexos adquiridos por clientes que non terían sido informados polas caixas de aforros e bancos de que, en realidade, estaban a entregar o seu diñeiro a perpetuidade, sen garantías suficientes de devolución.

Os actos reivindicativos para reclamar xustiza e o reingreso dos seus cartos sucédense dende hai meses. Mañá sábado, as plataformas de afectados de toda Galicia marcharán polas rúas da capital dende as once da mañá. Con saída da Alameda, farán parada diante do Parlamento, e rematarán na praza da Quintana. Alí estarán Consuelo Prada ou Miguel, algúns dos afectados neste engaño.

A nova máis recente, de onte mesmo pola tarde, é que a vía da arbitraxe foi autorizada pola Unión Europea e o Banco de España. O presidente de Novacaixagalicia, di que iso garantirá unha solución rápida. Pero os afectados non o teñen nada claro.

Sociedade