Somos rebeldes

Somos rebeldes

12 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Somos rebeldes, afirmou o escultor Enrique Tenreiro no acto de inauguración da súa exposición no Ciber de Mao, na rúa do Concello de Fene. Tenreiro é pintor, escultor e activista da arte. Expón esculturas en madeira e xilografias conxuntamente coas pinturas mariñas, co vento do mar,  de Antón Sobral.

“Encántame expoñer na comarca de Ferrol, un lugar ao que non viña hai moito tempo pero que sempre é agradable” sinalou o pintor natural de Marín. A exposición de Tenreiro e Sobral pode verse en El Ciber de Mao, na rúa do Concello de Fene ata finais de outubro.

Cultura