Somos unha piña

Somos unha piña
08 de Maio, 2020 - 01:25 h. | Publicada por Radio Fene

Ábrese a reserva de matrícula no ceip Os Casais de Maniños. O luns volve ao centro o equipo directivo. As familias poden concertar cita para entregar a documentación, no teléfono 620963600.

ESCOITA O PODCAST:

O vindeiro luns 11 de maio ábrese o período de admisión nos centros escolares de primaria para o próximo curso escolar. Os equipos directivos terán que volver o lun aos centros para seguir o proceso de matrícula que se amplía ata o día 18 inclusive. O prazo ábrese á familias con nenos de tres anos, de novo acceso, e para aquelas que decidan cambiar de centro escolar.

En Os Casais de Maniños está matriculados 50 alumnos e disponen de 11 mestres e mestras. A súa directora Lorena Pita afirma que, dadas as circunstancias, teñen que dar a coñecer o seu centro porque hai espazo para desdobrar e para o que faga falta o próximo curso. Os Casais non adolece de falta de espacio, precisamente. “Está nunha situación ideal” declara Pita.

Non perderon o tempo en Os Casais de Maniños durante a alarma sanitaria porque argallaron un festival de talentos "Taléntame" entre o alumnado que está a compartir con toda a comunidade educativa nas redes sociais, colgando cada día un vídeo sobre como pasan o confinamento nas súas casas. Polo demais, Lorena Pita está pendente de calquera nova que chegue da Consellería de Educación e estresada, como todo o profesorado nestas circunstancias. “ Triplicamos o horario para estar pendentes de cada un dos alumnos e alumnas  a través de videoconferencias diarias, pendentes das tarefas, da conectividade, coberturas, etc, pero contentos porque somos unha piña” conclúe Lorena Pita, directora de Os Casais.

(Na imaxe, un alumno fai un truco de maxia para o Taléntame)

Cultura

Publica o teu comentario agora