Somos vulnerables

Somos vulnerables
08 de Setembro, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Ninguén está libre de padecer unha depresión. Persoas con éxito profesional, que parece que o teñen todo e ás que admiramos tamén se vén sometidas a situacións de estres e ansiedade que poden desembocar nunha depresión. O cantante colombiano de fama internacional Juanes confesou recentemente que froito dunha depresión odiaba verse no espello e escoitar a súa música. “É un exemplo de que non son tanto as nosas circunstancias senón o que percibimos delas” o que causa infelicidade e sufrimento, advertiu en Radio Fene o psicólogo José Barcia. 

ESCOITA O PODCAST:

O especialista loa que un artista como Juanes, que é referente para moita xente, contara o seu caso. O cantante confesou que buscara saída no consumo de alcol. Barcia advirte de que en situacións extremas de crise hai o risco de buscar axuda no alcol, o consumo de drogas, medicamentos ou mesmo relacións tóxicas. E iso non resolve nada senón que acaba por agravar o problema. Nun caso de depresión, é fundamental buscar apoio nas persoas que nos queren. O máis importante para saír do pozo é ser quen de recoñecer que somos vulnerables. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora