Son moito de Marc Márquez

Son moito de Marc Márquez
24 de Outubro, 2018 - 01:49 h. | Publicada por Radio Fene

Brais Pazo, alumno do Colexio O Ramo de Barallobre,  proclamouse Campión Galego MiniGP 2018 en 110 centímetros cúbicos e Campión do Motorace Challenge, tras vencer no circuito de Forcarei en Pontevedra. O xove piloto de motociclismo xa pensa agora no 2019, cando lle agarda un cambio de moto e de categoría.

ESCOITA O PODCAST:
Brais Pazo, piloto de motociclismo, alumno do Colexio de Barallobre

Antes participará nunhas “rodadas” o 10 e 11 de novembro no circuito das Pontes. Intenta adaptarse a unha moto de cross preparada para o asfalto. Correrá cun vehículo de 53 quilogramos de peso, 65 centímetros cúbicos e dous tempos. “Gústame Rossi como piloto pero eu son máis de Marc Marquez” salienta o xove piloto.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora