Sonia Iglesias preside o xurado do certame de cartas de amor

Sonia Iglesias preside o xurado do certame de cartas de amor

11 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A bibliotecaria Sonia Iglesias presidirá o xurado do certame de cartas de amor de Fene. Formarán parte ademáis representantes dos grupos políticos da Corporación local. O concurso cumpre 12 anos e premiará á persoa que escriba a carta gañadora, cunha cea para 2 persoas e a estancia dunha noite no Parador de Turismo de Ferrol. O fallo do xurado daráse a coñecer o vindeiro domingo dia 13, víspora do S

Remitiráse a Radio Fene. Casa do Concello. 15500 Fene A Coruña. Tamén pode remitirse por correo electrónico ao enderezo: direccion@radiofusion.eu. A persoa que resulte gañadora do concurso poderá gozar do premio nun cuarto doble ou en dous individuais. Faise esa precisión dado que nalgúns certames, a carta premiada relataba un desgarrado desamor, polo que non existia posibilidade de “dar conta” do galardón coa persoa amada.

En anteriores edicións, veñen participando no certame arredor de 50 persoas, divididos practicamente ao 50% entre homes e mulleres. Concurren cidadáns con experiencia na participación en citas literarias, con obra publicada e persoas que sinten un amor intenso que queren plasmar nunha carta e sumarse tamén a este certame. Anos atras téñense recibido misivas dende New York, Trípoli (Libia) e Coimbra (Portugal).

Cultura