Sons e lecer, un lugar para a sorpresa

Sons e lecer, un lugar para a sorpresa

20 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A tradición asociativa de Ferrolterra remóntase aos últimos anos do século XIX. Daquela creouse en Cervás (Ares) a primeira das entidades de defensa de labregos e gandeiros. Pero nestes tempos de crise da participación cidadán, sempre hai lugar para a sorpresa.

En Limodre (Fene A Coruña) ven de formarse a asociación cultural "Sons e lecer". Un grupo duns 30 xoves menores de 30 anos crearon a entidade e presentaranse en sociedade o venres 2 de xullo. O mago Dani Garcia e a monologuista Cristina Moreira encargaránse de quentar o ambiente. Logo anunciase un gran concerto coa participación dos grupos Habitación 92, Los Huéspedes Felices, Membrillo Fanegas, Metralletas lecheras, Le Cul, Pastillas Mamut e Los Santos. Por se fose pouco servirán unha churrascada ao módico prezo de 8 euros no parque da Hortiña en Limodre (Fene). En todo colaborarán coa asociación Felicia, os organizadores do Felipop, que xa ultiman o cartel do festival que se celebrará en Limodre a comezos de agosto.

Cultura