Sons solidarios

Sons solidarios

23 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A música de Roger de Flor soará este domingo en solidariedade con Haití. O cantautor de Limodre participa nun concerto benéfico organizado polo pub “El Canalla” de Sada.

Fresquiños, Xurxo Mares, Pablo Bicho, Roger de Flor, Katy Blue & Crazy Cats, son algún dos artistas e grupos que se sumaron a esta iniciativa coa que se pretende recaudar fondos para a Cruz Vermella. Completan o cartel Quinito Mourelle, Kike Alvarado e María Gorís, Álvaro Muras, Marcos Mella, Chamito El Flaco, Paris Joel, Coyote Express e Estados Altera2.

En total serán seis horas de música, dende as seis da tarde ate as doce da noite de mañá domingo. O concerto celerarase no Pub El Canalla, na Avenida do Peirao, en Sada.

Sociedade