Sorpresa entre a veciñanza

"Todo comenzó como un sueño" é o título da exposición de Ana Basoa no CPS de San Valentín
21 de Febreiro, 2019 - 10:37 h. | Publicada por Radio Fene

A artista, veciña do barrio fenés de San Valentín, rende unha pequena homenaxe con esta mostra ás mulleres víctimas da violencia de xénero.

ESCOITA O PODCAST:

“Todo comenzó con un sueño” Así titula a pintora local Ana Basoa a exposición que permanece colgada no CPS de San Valentín ata o vindeiro sabado e que pode visitarse, polas mañás de 9h a 15h e pola tarde, de 17h a 22h. A mostra quere rendir homenaxe ás mulleres vístimas da violencia de xénero. “É unha humilde aportación para elas” afirma a pintora de San Valentín que o ano pasado expuxo por primeira vez na Casa das Palmeiras de Neda. Afirma que se sentíu moi valorada como artista naquela ocasión.

Agora no seu barrio, resulta que moitos veciños descoñecían a súa faceta de artista. “Para eles esta exposición foi unha sorpresa”, declara Ana Basoa. Nestes dias xa recibiu varios encargos, algo que lle da forza e motivación. Os cadros desta mostra son na súa maioría retratos pero tamén hai paisaxe. O formato habitual que utiliza é o Din A3 ou Din A4 pero Basoa adáptase ás necesidades dos clientes. O realismo, a luz, a perspectiva e a anatomía  aparecen evidentes na pintura de Ana Basoa Rioboo. Esta mostra é parte dunha colección que a artista fenesa levará ao completo á Casa da Cultura de Pontedeume, do 2 ao 10 de marzo.

Cultura

Publica o teu comentario agora