Sorte

As probas da ABAU celebranse durante tres dias, dende hoxe ata o venres no campus de Ferrol. O primeiro dia é para as Humanidades.
12 de Xuño, 2019 - 10:57 h. | Publicada por Radio Fene

O IES de Fene presenta 30 estudantes ás probas de selectividade para o acceso á Universidade.

O alumnado do IES de Fene dispuxo esta mañá dun autobús para o seu traslado dende o instituto ata o campus de Esteiro onde se celebran as probas da selectividade (actual ABAU) así como para volver a casa ao finalizar as mesmas. Saíron ás 8:25 da mañá e retornarán de Esteiro ás 19:00h. Presentanse á selectividade 30 alumnos e alumnas procedentes do centro fenés. (Na imaxe, os estudantes de Fene o dia da graduación) En total son 672 estudantes da comarca os que iniciaron esta mañá as probas de acceso á Universidade.

Os exames celébranse, ata o venres inclusive, entre a escola Politécnica de Serantes e a Escola Politécnica Superior. Hoxe toca Lingua e Literatura castelá e galega, Historia de España e a terceira língua. Como novidade este ano, a convocatoria extraordinaria adiántase ao mes de xullo. Os que suspendan agora,terán a segunda oportunidade xusto dentro dun mes.

Cultura

Publica o teu comentario agora