Sorte ter unha horta

Sorte ter unha horta
16 de Marzo, 2020 - 12:08 h. | Publicada por Radio Fene

Barallobre foise adaptando á situación. Hoxe so circulaba polos rueiros da parroquia o coche do reparto do pan.

ESCOITA O PODCAST:

María Dolores Fernández, pintora e presidenta da Liga de Amigos de Barallobre, é a nosa guía por esta parroquia de Fene que, como as demais, vai entendendo a situación que vivimos e acatando progresivamente as normas impostas á poboación. Afirma Mariloli que o sabado aínda paseaba a xente como se nada. O domingo xa no era así e esta mañá por diante da súa casa só veu pasar o coche do pan. Afirma María Dolores Fernández que "poder ir á horta é unha vantaxe moi grande". Se non chove sae, se chove para dentro.  Dichosos os que dispoñen dun anaco de terra para respirar ar puro ou para entreterse coas flores. A ela sempre lle queda pintar, outra sorte de don e divertimento que so teñen algúns seres humanos. 

En Barallobre só abre a farmacia, a tenda de Piriño, o supermercado Día, a carnicería da Solana e pouco máis. O pouco máis é a ferretería Berto que abre unicamente para a venda de piensos, pataca de sembra e planta de horta, todo o que ten que ver coa alimentación. Non poden vender ningún producto de ferretería, aclárannos desde este establecemento.

Sociedade

Publica o teu comentario agora