ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O xulgado contencioso-administrativo da Coruña condena á Subdelegación do Goberno por vulnerar os dereitos fundamentais do portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, en concreto o dereito de defensa e de liberdade de expresión e o dereito de reunión, demostrando que non respectou dereitos fundamentais básicos nunha democracia, como o liberdade de expresión e o de manifestación.
A sentenza tamén revela as manipulacións feitas desde a Subdelegación do Goberno da Coruña dos expedientes sancionadores, -que o BNG cualifica de expedientes políticos-, nos que se dan instrucións á policía para facer denuncias políticas non baseadas na protección da seguridade cidadá. Neste sentido, chama a atención que a denuncia ao portavoz parlamentario se inicie con data 27/03/2013, cando os feitos ocorreron o 18/12/2013. É dicir, que o proceso sancionador actívase mes e medio despois da concentración ante a casa da señora Aurelia Rey, a diferencia doutras denuncias que foron tramitadas ao Xulgado nos días inmediatamente posteriores.
Para o Bloque evidencia a existencia dunha intervención política posterior á data da concentración para perseguir a responsables do BNG. Unha manipulación do procedemento sancionador posto que, como demostra a sentenza, foi utilizada para impedir o exercicio de dereitos fundamentais.
O BNG considera que a sentenza proba que o PP usa a Delegación do Goberno dun xeito autoritario e instrumental, como apisonadora de dereitos fundamentais ao instruír expedientes a mantenta para sancionar a persoas polo feito de exercer ese dereitos para loitar por causas xustas como evitar deixar unha anciá na rúa.