Suben as temperaturas

Suben as temperaturas
03 de Xullo, 2020 - 01:08 h. | Publicada por Radio Fene

O anticiclón dos Azores trae estabilidade e subida das temperaturas á comarca de Ferrol para a fín de semana.

ESCOITA O PODCAST:

Haberá praia esta fín de semana, segundo o pronóstico de Meteogalicia para a comarca de Ferrolterra. As nubes non nos deixarán de todo pero suben as temperaturas. Hoxe aínda se manterá unha temperatura fresca que non pasa dos 21º na zona de Ferrol, en palabras de Carlos Otero, de Meteogalicia, pero as nubes iránse desfacendo pola tarde. A influencia do anticiclón dos Azores persistirá toda a fín de semana se ben o vento do norte deixará un sábado algo anubrado pola tarde, o mesmo que pode ocurrir o domingo. Seguirá influíndo durante a próxima semana traendo a estabilidade e temperaturas que suben ata acadar os 26º. A humidade que traen os ventos do norde é a responsable desa nubosidade que non nos abandona de todo.

 

(Imaxe da ría de Ferrol. Neda)

Sociedade

Publica o teu comentario agora