As subvencións máis sociais

As entidades de Fene reciben unha subvención polo labor social que dispensan ao longo do ano.
23 de Setembro, 2019 - 01:18 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello apoia o labor do movemento asociativo coa aprobación de subvencións nominativas superiores a 68.000 euros. Entidades e asociacións do municipio deben presentar a solicitude de achega antes do vindeiro 7 de outubro. A máis pequena é de 500 euros e a maior de 8.000.

O Concello de Fene destinará este ano 68.417,76 euros á liña de subvencións nominativas dirixidas a diferentes entidades e asociacións do municipio. Subvencións coas que busca apoiar o extraordinario labor que desenvolven ao longo do ano. 

A concelleira de Cultura e Facenda, Rocío Bértoa, informou da relación de beneficiarios: ANPA Centieiras -2.000 euros- e ANPA Os Casais -1.000 euros- para contribuír ó mantemento e funcionamento dos respectivos comedores escolares; Os Centolos -8.000 euros- pola organización do FeneRock; AC Felicia -8.000 euros- pola organización do Felicia Pop Festival; Airiños de Fene -4.500 euros- pola organización da Xuntanza de Gaiteiros; A Vikingos Río Castro -4.000 euros- pola organización da Romaría Vikinga; ACRD O Pote -3.000 euros- pola organización da Romaría do Pote; CMI Unidade Fene -2.500 euros- pola organización do premio Pérez Parallé; Escudería Scratch Fene -2.200 euros- pola organización do Slalom Fene; Agarimo de Sillobre -1.600 euros- pola organización do Encontro de Lavandeiras; as AVV de Magalofes, AVV de Limodre e ACRD Liga Amigos, cada entidade cunha achega de 1.000 euros, pola organización da Festa do Poldro, Festa da Orella e Romaría Camiñante, respectivamente; a ACRD O Pote -500 euros- pola organización da Festa da Ameixa; Cáritas -6.000 euros en concepto de atención a persoas desfavorecidas do Concello-; Aspaneps -5.000 euros para mantemento e funcionamento da asociación-; Fundación Amigos de Galicia -7.000 euros para atención a persoas desfavorecidas do Concello-, e Protección Civil - 3.372,76 euros para protección de persoas e bens ante os danos producidos polas situacións de emerxencia-. Así mesmo, o CPI A Xunqueira tamén se inclúe na lista con 3.809 euros para apoio á First Lego League e o IES Fene, con 3.036 euros para a realización de actividades de interese educativo.

En todo caso, e de non terse realizado ata a data, é preciso presentar a documentación de solicitude de subvención a través da sede electrónica do concello https://sede.fene.gal/gl ou do Rexistro Xeral, con anterioridade ás 14:30 h do 7 de outubro de 2019. Un trámite que o CPI A Xunqueira e o IES Fene xa realizaron por mor da modificación de crédito que foi preciso realizar no seu momento para darlles cobertura. Entregada a documentación de solicitude e comprobado que se axusta á normativa que rexe a concesión de subvencións nominativas, procederase á formalización da concesión mediante sinatura do correspondente convenio de colaboración e, a partir dese momento, será cando a entidade terá que achegar a conta xustificativa e demais documentación acreditativa do investimento da subvención concedida.

Institucional

Publica o teu comentario agora