A superación da nosa faciana máis escura en “Madrugada”

A superación da nosa faciana máis escura en “Madrugada”

02 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A compañía “Teatro do Improvisto” de Boiro pon en escea a obra do dramaturgo Antonio Buero Vallejo “Madrugada”. A representación terá lugar no Centro Cívico de Caranza ás sete da tarde dentro do ciclo de Teatro Afeccionado de Ferrol.

 “ Madrugada “, supón  unha incitación a superar os condicionamentos que deron orixe ao fracaso dos personaxes. A avaricia de Dámaso e Leonor, a envexa de Leandro, a crueldade de Lorenzo….. A obra ben pode confundirse cunha traxedia policíaca ao estilo das máis populares da época, pero non deixa de ser tamén un drama de conciencia e culpa.

A posta en escea de “Madrugada” no Centro Cívico de Caranza ás sete da tarde . A entrada é de balde.

Cultura