Superación de problemas da infancia

Superación de problemas da infancia
18 de Febreiro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Non é fácil o reto de educar”, considera a coordinadora do Departamento de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, Pilar Couce. Para axudar ás familias a mellorar as súas habilidades, desenvólvese o programa “Acompañar no Reto de Educar” que o vindeiro luns, día 19, se ocupará do tema “Superando os problemas da infancia”.

ESCOITA O PODCAST:

“Para que os pais poidan acompañar aos seus fillos, porque nenos e nenas teñen moitas inquedanzas”, as familias de Fene, Neda e Mugardos poden asistir á sesión prevista para as 18 horas, que terá lugar na Casa da Cultura de Fene. Problemas como os celos  “se non son resoltos adecuadamente, poden converterse en traumas que nos acompañen toda a vida e poden facer que, de adultos, non sexamos quen de relacionarnos adecuadamente con outras persas”, advirte Pilar Couce. Axudar ás familias a acompañar aos seus fillos e fillas a superar os problemas da infancia. Nova sesión no programa “Acompañar no Reto de Educar”, luns, día 19, na Casa da Cultura de Fene.

Sociedade

Publica o teu comentario agora