Sustituirán as rampas de Barallobre e Maniños por pantaláns flotantes

Sustituirán as rampas de Barallobre e Maniños por pantaláns flotantes

27 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A remodelación dos portos de Barallobre e Maniños (Fene A Coruña) comezará a realizarse nos vindeiros meses. A actuación consistirá na retirada de boa parte dos actuais espigóns de formigón e a súa sustitución por pantaláns flotantes. Pretendese facilitar o acceso ás embarcacións e ao mesmo tempo permitir a libre circulación das augas e mareas. A obra conta cun presuposto de caseque 2 millóns de euros e

Os plans pasan por derrubar parte do peirao de Maniños, os últimos 60 metros que se adentran no mar e facer o propio con toda a rampa do de Barallobre. Gañarase así unha boa zona de ribeira para o marisqueo a pé, segundo declarou a patrona da confraría de Barallobre Virxinia Souto a Radio Fene.
Ademáis colocarase un peirao de formigón flotante con proteccións para os barcos a ambos lados e finalmente uns pantaláns de amarre, tamén flotantes, para albergar unhas 100 embarcacións.

Sociedade