Tí a Cangas, eu a Moaña.

Tí a Cangas, eu a Moaña.

22 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Mentras o grupo de cantareiras de Pontedeume, Faltriqueira, descansa e anda de crianzas, siguen en contacto e avisan que pronto volverán subir aos escenarios. Unha das suas compoñentes, María López, colabora no primeiro disco e no directo do proxecto “Orquesta Gharbo” co músico Nelson Quinteiro. María e Nelson son vellos coñecidos  que se reencontraron no Morrazo onde residen circunstancialmente, el en Cangas, ela en Moaña.

A cantareira eumesa ten unha pequena colaboración nese primeiro disco de Nelson e unha colaboración máis ampla nos directos de Orquesta Gharbo. Estarán o xoves 13 de febreiro no Teatro Colón da Coruña amosando o espectáculo que, segundo confesa María López, é moi novidoso, tanto musicalmente como na sua posta en escea. Colaboran ademais entre outros Silvia Penide, os Estalotes e mesmo bailaríns. María fai coros nos temas, "Canto de andar o camiño", "Baldaio" e "Dona Ausenda". Silvia Penide canta no tema "As mans perdidas".

A voz de Faltriqueira, María López, non para porque tamén está a piques de gravar con Magín Blanco un disco para bebés titulado GATUXO. Un traballo con cancións e melodías moi doces que presentarán no salón do libro de Pontevedra no mes de marzo.

Sociedade