Tímida recuperación da construcción

Tímida recuperación da construcción

09 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O informe do Observatorio Inmobiliario, editado polo Centro de Investigación Económica e Financeira (CIEF) da Fundación Caixa Galicia revela que Santiago é a cidade galega onde máis caeu o prezo da vivenda no 2009 (13%), seguida por Ferrol co 7,3%. O mercado inmobiliario galego caracterizouse o ano pasado por unha forte contracción da oferta, pero «a demanda comezou a mostrar tímidos signos de recuperación nos últimos meses do ano, unha te

Segundo os dados do Ministerio da Vivenda, ao rematar o 2009 o prezo medio da vivenda nova en Ferrol situouse en 1.407 euros por metro cadrado. Aquelas que contan con 2 ou máis anos custaban naquela data 973 euros. A diferencia de prezo empuxou a moitos dos compradores que buscaban unha vivenda nova, a reconducir as súas preferencias cara os pisos de segunda man.

Sociedade