Talleres de saúde dirixidos á mocidade

Talleres de saúde dirixidos á mocidade

03 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes deu comenzo aos talleres de saúde dirixidos á mocidade do municipio, que realiza en colaboración co Consello da Xuventude de Galicia. Uns obradoiros, nos que participarán máis de 100 alumnos do IES Maruxa Mallo e que se celebrarán durante o mes de febreiro nas instalacións deste centro educativo.

Trátase de talleres de educación afectivo sexual cos que se pretende sensibilizar ós mozos e mozas na necesidade de adoptar conductas promotoras de saúde a nivel individual e colectivo, facilitar o análise crítico dos aspectos sociais e culturais relacionados coa saúde e os comportamentos saudables, aportar información e orientación sobre recursos en saúde e servizos de atención dirixidos á mocidade, e previr e reducir riscos aportando información sobre as medidas de prevención axeitadas.

Sociedade