Tapas que poden levarnos a Roma

Tapas que poden levarnos a Roma

07 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concurso de Tapas Concello de Fene arrinca esta semana. O venres ás 8 da tarde empeza a conta atrás para os 23 establecementos de hostelería participantes no mesmo. O xurado profesional determinou este ano, cales ofrecerán tapas tradicionais e cales as creativas, segundo o concelleiro de promoción económica de Fene, Juan José Franco.

Entre as novidades máis destables do concurso están os premios que son mellores este ano ( viaxe a Londres, Roma ou París) e tamén a maneira de votar os clientes que completen a Fenerruta cos 23 bares. Antes votaban por unha única tapa, agora faránno por duas, unha de cada modalidade, segundo explicou Juan José franco.

O Concurso de Tapas de Fene empeza o venres 9 de maio na sesión de tarde e rematará cinco fins de semana despois, o domingo 8 de xuño na sesión do mediodía.

Sociedade