Tarde de maxia en Barallobre

Tarde de maxia en Barallobre

18 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O mago Dani García leva este venres á Liga de Amigos de Barallobre o seu último espectáculo, “Acción”. Trátase dunha montaxe na que se mestura a maxia de pequeno e mediano formato con distintos números nos que o público participa e se convirte en protagonista.  Panos, cordas ou bolas son algúns dos elementos que emprega o ilusionista nesta función dirixida a persoas de todas as idades. Comezará &aacu

De formación autodidacta, Dani García leva tempo –exactamente, dende que tiña 13 anos- perseguindo o seu soño de chegar a converterse nun grande mago. Asegura que boa parte do que aprendeu neste tempo foi grazas aos libros e cursos que fixo. Malia todo, recoñece que tamén houbo unha persoa que lle influiu enormemente, sobre todo nos primeiros anos de contacto coa maxia e que foi o mago Lorc.

A pesar da súa xuventude, o mago Dani García manten na actualidade ata tres espectáculos en marcha.: “Acción”, “Symbiosis. Maxia para dous” e “Da´kara”. Tres proposta coas que asegura que vai percorrer practicamente toda Galicia nas próximas semanas. Como membro da Asociación de Magos Profesionais de Galicia, o ilusionista de Neda participa un ano máis no Nadal Máxico de Galicia que se desenvolverá dende mediados de decembro ata comezos de xaneiro en distintas vilas e cidades galegas.

Sociedade