Tareixa Táboas: “O tren de cercanías estrutura o territorio”

Tareixa Táboas: “O tren de cercanías estrutura o territorio”

24 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un tren de cercanías que estruture Galiza. Esta é unha teima demandada desde hai tempo polo Bloque Nacionalista Galego. Os nacionalistas reclaman un ferrocarril que artelle o territorio a través dunha mobilidade alternativa máis responsable co medio ambiente. Unha aposta polo uso do transporte público que conlevaría un aforro enerxético do 30%.

“Precisamos un tren de cercanías moderno eficiente e eficaz que comunique todas as poboacións do noso país convertendo a Galiza nunha grande rede comunicadora” declara a deputada do BNG, Tareixa Táboas. A nacionalista tacháa da “gran eiva” dos galegos e pon de exemplo o modelo seguido noutros países máis avanzados como Dinamarca, Suecia ou Holanda. Un ferrocarril de pasaxeiros como de mercancías. Unha interconexión mediante plataformas intermodais para as merrcadorías e o transporte-carga, sinalou. A conexión ferroviaria co porto exterior é a gran tarefa pendente en Ferrolterra. “De pouco serve unha infraestructura destas características onde se vai producir unha gran tráfico de mercadorías senón existe unha fórmula eficiente e sustentable para o seu transporte”, explica Táboas. Segundo a nacionalista o modelo axeitado é o ferrocarril desbotando o transporte por estrada altamente contaminante.

Táboas incide na necesidade de pular polo transporte público por estrada e critica á Xunta pola supresión do Noitebús e por hipotecar ao país ampliando a prórroga do transporte por estrada durante 10 anos. “Dependemos do exterior por mor do crudo e requírese un ferrocarril que empregue enerxías renovables, como a eléctrica”, subliñou.

Institucional