A tarxeta de Cidadanía para entrar de balde nos museos

A tarxeta de Cidadanía para entrar de balde nos museos

18 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Dentro das vantaxes que xa ofrece a posesión desta tarxeta, o Concello de Allariz engade unha máis a partir desta fin de semana: a entrada gratuíta en todos os museos da vila.

Ademais, co Tarxeta de Cidadanía pódese acceder á adminstración electrónica do Concello para facer calquera trámite a través de Internet ou optar a descontos para os máis pequenos nas actividades relacionadas coa área de cultura.

As persoas empadroadas en Allariz ou residentes temporais que non formen aínda parte dos 1.500 cidadáns que xa gozan das vantaxes desta tarxeta, poden solicitala no Centro de Promoción Económica do Concello ou no teléfono 988442210.

Sociedade