Teño saudade de Andrés

Teño saudade de Andrés
30 de Xuño, 2020 - 11:30 h. | Publicada por Radio Fene

O vídeo musical "Teño saudade" coordenado por Marcos Mella está a ter moitos seguidores na rede.

ESCOITA O PODCAST:

Hai 50 anos que Andrés Dobarro daba a coñecer a canción “Teño saudade” e a música pop en galego. Coincide cos 30 anos do pasamento do cantautor ferrolán, por iso, varios músicos galegos, aproveitando o confinamento puxéronse a gravar baixo a coordinación de Marcos Mella. “Foi bonito ver como meu pai collía o baixo de novo” afirma o músico ferrolán, porque o seu pai tocou con Andrés Dobarro. “Todo empezou no confinamento. Eu tiña pendente facer isto e entre catro amigos repartimos o traballo”. O nexo central do vídeo é a canción de Andrés Dobarro “Teño saudade”. Belén Baños encargouse do casting que chega a contar cun cameo da filla do músico ferrolán, Andrea Lapique. “Quen canta é Carmela pequeña pero parece que canta ela” aclara Mella. O vídeo pode verse en Facebook, youtube, en todas partes. Está tendo un gran éxito e está chegando moi lonxe. Desde México ou EEUU chegan comentarios.

Cultura

Publica o teu comentario agora