A teatralidade musical da zarzuela enche os espazos culturais de Ferrol

A teatralidade musical da zarzuela enche os espazos culturais de Ferrol

28 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A charla do musicólogo Elías Bernabé “A zarzuela no século XXI” inaugura, este sábado, o curso da Asociación de Amigos da Lírica de Ferrol. Unha programación variada con conferencias, recitais e tamén actividades dirixidas ao máis pequenos. Entre os actos programados destaca un recital de zarzuela, o 6 de novembro no Teatro Xofre, a cargo do barítono, Marco Moncloa, a soprano, Hévila Cardeña e a pianista,

A concellería de Cultura xunto coa Asociación de Amigos da Lírica de Ferrol artellan unha programación na que se desenvolva unha actividade mensual. Este ano queren dar proridade ao xénero da zarzuela polo que manteñen contacto con distintos cantantes e recuperar así lírica para a cidade. 

Entre os proxectos, aínda sen confirmar, inclúese un recital do barítono Santos Ariño e a súa muller, a soprano Carmen Aparicio. Outra das propostas é traer á compañía Amigos da Zarzuela de Torrexón que ofrecerá a obra “El cantar del arriero” e “La linda tapada”. Tamén participará a xove promesa ferrolá, o tenor NachoViguera, así como potenciarán a traxectoria doutros xóvenes da cidade departamental.

Para os máis pequenos traballan para traer o espectáculo da “Flauta máxica” de Mozart, facendo un paseo pola zarzuela denominado “Zarzilandia”. O programa tamén inclúe conferencias como a do presidente da asociación, José Manuel Grandal, quen dará a súa visión do mundo da zarzuela. Será o 26 de outubro, ás 7 da tarde, na Fundación Roiba.

Cultura