Teatro arredor do cine

Teatro arredor do cine
24 de Decembro, 2019 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

A directora e actriz Helga Méndez traballa no proxecto dunha obra de teatro arredor do cine Adriano de Barallobre en Fene. Recompilou material como lembranzas, anécdotas e títulos de películas. O espectáculo ten como obxectivo recadar fondos para a rehabilitación da sala.

Cine Adriano. Barallobre. Fene

O Adriano era o mellor cine da comarca, o máis grande e atraía público doutras localidades. Fora concibido unicamente para a exhibición cinematográfica e construido en 1947. Eran tempos nos que as películas se cualificaban moralmente. Algunhas clasificábanse como sumamente perigosas. Pero aínda así o cine era un mundo de soños para a cidadanía. As persoas interesadas en recuperar e rehabilitar o cine Adriano de Barallobre forman a asociación Patio de Butacas. Son xentes soñadoras pero que activan recordos imborrabeis en máis dunha xeración .
As salas de exhibición cinematográfica viviron o seu momento dourado entre 1950 e 1970. Despois a televisión chegou ás vivendas particulares, apareceron os videoclubs e a xente seguiu vendo cine pero doutra maneira.

 

 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora