Teatro do Morcego presenta en Narón “A Nona”

Teatro do Morcego presenta en Narón “A Nona”

14 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presentou hoxe en rolda de prensa a estrea da obra “A Nona” a cargo de Teatro do Morcego, que é a compañía de teatro residente en Narón na actualidade, e está integrada por actores formados na Escola de Teatro de Narón e tamén por recoñecidos actores do teatro galego. “A Nona” está dirixida por Celso Parada, e se representará mañ&aacute

O director da obra, Celso Parada, engadiu ó respecto que Teatro do Morcego representará no mes de novembro unha nova versión do clásico Os Vellos non deben de namorarse, que a compañía está a ensaiar na actualidade en Narón.

Respecto á obra en cuestión, Parada indicou que “A Nona” relata a historia dunha familia arxentina formada por sete membros, na que a avoa ten a costume de comer sen parar. “É unha comedia grotesca que nos fai reir pero tamén nos obriga a reflexionar, porque ó final ninguén é capaz de manter o elevado consumo que ten a avoa, quen ademáis é a única que sobrevive ó resto das persoaxes”, indicou.

Na rolda de prensa tamén participaron algúns dos actores deste espectáculo, como Miguel Pernas, quen fai da Nona –avoa-. Él definíu este texto, escrito por Roberto Cossa, coma “unha alegoría do capitalismo obsoleto ó que é imposible sobrevivir”.

Teatro do Morcego dedicará esta obra ó actor Andrés Pazos, recentemente falecido, quen ía protagonizar o papel da Nona, e tamén a Suso Díaz, membro de Sarabela Teatro, finado onte. O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, adicoulle unhas verbas ó inicio da rolda de prensa lamentando “o falecemento dun home de teatro coma él”.

Iniciarse no triatlón. Ese é o obxectivo da escola que pon en marcha o Club Naútico Narón, en colaboración co Padroado de Deportes. A idea da entidade é a formación desde xovenes nas tres disciplinas que compoñen esa especialidade deportiva. Por iso adicarán 2 sesións semanais á natación, 1 á carreira a pé e outra á bicicleta.

Os únicos requisitos para inscribirse son contar entre 10 e 16 anos e saber nadar. As persoas interesadas poden solicitar máis información nas oficinas do Naútico Narón, no polideportivo de A Gándara ou no correo electrónico nauticonaron@gmail.com

Cultura