Teatro e cambio climático

Teatro e cambio climático
12 de Abril, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

A emerxencia climática chega aos escenarios. Elefante Elegante aborda este urxente problema no espectáculo ‘Un momento precioso’, que se estrea no Teatro Jofre de Ferrol e do que falamos con María Torres, actriz e directora artística da compañía teatral. 

ESCOITA O PODCAST:

“É un momento clave na evolución da nosa civilización, ata agora fomos aumentando o confort, agora igual o desafío é reflexionar por onde temos que recortar para que a nosa cultura consumista non acabe por esnaquizar todos os ecosistemas”, sinala María Torres. O novo espectáculo de Elefante Elegante aborda este urxente problema  sobre o que reflexiona a través do baile, a danza e a acrobacia.

“Un momento precioso”. Espectáculo de Elefante Elegante, co-producido polo Concello de Culleredo. Estrea no Teatro Jofre mañá, venres, ás 20.30h. As entradas custan 5€.

Cultura

Publica o teu comentario agora