Teatro en galego despois de 40 anos

Teatro en galego despois de 40 anos
17 de Abril, 2020 - 12:44 h. | Publicada por Radio Fene

O 17 de abril de 1970 representouse en Ferrol a obra de teatro de Castelao “Os vellos non deben de namorarse”. Desde 1936 non houbera teatro en galego na cidade. En plena ditadura de Franco, levabase ao Teatro Jofre a obra do máximo dirixente do Partido Galeguista, antifranquista, exiliado e morto en Arxentina. A agrupación Talia representou ese dia no Jofre con gran éxito de público e logo levaron o espectáculo a Valdoviño e a Vilaboa.  A obra introduciu a participación dunha rondalla que cantaba no escenario unha das pezas incluidas no espectáculo

ESCOITA O PODCAST:
Os vellos non deben de namorarse

Os vellos non deben de namorarse é un texto que se funda na repetición valorada simetricamente. A obra empezouse a escribir polo terceiro lance. Conta a historia de tres vellos que se namoran doutras tantas mozas. Os personaxes - tipo son equivalentes nos tres lances. A concepción xeral é plástica, pero a carga literaria é considerable. Ao remate decatámonos de que as historias ficaron pechadas en sí mesmas. Aí é onde Castelao mete un epílogo, reunindo aos tres vellos mortos no cemiterio, para que eles nos conten o propósito da farsa, que non é outro que o que indica o título. O epílogo soe ser a escea máis vistosa e a máis agarimada en moitas montaxes da obra. Os vellos non deben de namorarse estrenouse o 14 de agosto de 1941 no Teatro Mayo de Buenos Aires. En Galicia estrenouse en 1961 na Praza da Quintana a cargo do grupo de Cantigas e Agarimos, segundo recollen Manuel Lourenzo e Francisco Pillado no libro “O teatro galego”.

Cultura

Publica o teu comentario agora