Teatro para xentes con distintas capacidades

Teatro para xentes con distintas capacidades

10 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Xentes con distintas capacidades de toda a comarca asistiron esta mañá ás dúas funcións de teatro que ofreceu no local de Agarimo de Sillobre -Fene A Coruña- a compañía de Blanca Marsillach. Escenificaron a obra “Enamorate de Lope”, unha representación realizada coa subvención da Deputación de A Coruña. A actriz Blanca Marsillach afirmou sentirse encantada de estar nun sitio tan bonito e cun alcalde tan guap

Unha das espectadoras manifestou ao rematar a función: “Acabo de cumprir o soño da miña vida, subir a un escenario”, relatou así a anécdota unha das actrices de “Enamorando a Lope”, Carolina.

Esta representación divídiuse en duas partes. Na primeira os actores profesionais da compañía utilizan varios dos sonetos máis famosos do dramaturgo español Lope de Vega e mestúranos con algunhas das pezas musicais máis escoitadas de diferentes estilos musicais, como rock, copla ou hip-hop. Todo iso para contar unha historia de amor en ton de traxicomedia romántica.

A segunda parte convértese en participativa e, así, o público ao que vai dirixida, persoas con distintas capacidades, interactúan cos actores. Recitan poemas e interpretan parte do papel, facendoos participes desta forma da obra. O alumnado de Aspaneps, do colexio de Chamorro,  xubilados da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras xentes con distintas capacidades asistiron esta mañá en Sillobre ao espectáculo “Enamorate de Lope”.

Sociedade