Tecendo rede somos invencibles, afirma Emma Pedreira

Tecendo rede somos invencibles, afirma Emma Pedreira
23 de Xaneiro, 2020 - 11:58 h. | Publicada por Radio Culleredo

O mozo que boicoteou un acto feminista en Santiago de Compostela foi apartado de Nuevas Generaciones do Partido Popular. Estudiante de Ciencias Políticas berrou: “A casa, que hai que facer a cea” ao remate da coreografía “Un violador no teu camiño”. O incidente machista aconteceu o pasado nove de decembro na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Para a escritora Emma Pedreira a resposta das mulleres concentradas apartando sen violencia ao dexenerado significa que cando nos xuntamos somos case invencibles.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Emma Pedreira sobre Os corpos invisibles

http://173.255.131.18/audio/230120PEDREIRA.mp3

Conversa sobre Os corpos invisibles de Emma Pedreira

O libro de Pedreira “Os corpos invisibles” ven de ser escollido polas persoas usuarias do portal Fervenzas Literarias como o mellor volume de literatura xuvenil do 2019.

Axitadora cultural da súa casa e parte do rechán. Doutora cum laude en cueiros, purés e biberóns e a dúas mans. Especialista en contos nouturnos para baixar febres. Coordinadora dos Clubes de Lectura e de Escrita de canta causa se ten presentado. Colaboradora de quen se deixou.  Este é un fragmento da auto-biografía de Emma Pedreira no portal asega-critica. Falamos no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión con Esther Val, Tatty Lavandeira, Andrés C.M. Riveira, Henrique Sanfiz e Emma Pedreira do seu libro “Os corpos invisibles”.

L. C. é unha rapaza de quince anos que traballa desde os oito nunha fábrica téxtil de Londres en plena Revolución Industrial, onde as nenas escravas son parte da produción en cadea. A vida de L. C. dá un xiro cando cae nas súas mans unha carta escrita por Prometea Stoner, unha muller de familia acomodada propietaria dunha cadeira de rodas motorizada, unha saúde fráxil, toda unha lenda sobre as costas e unha vontade de ferro. Comeza así o resumo editorial de “Os Corpos Invisibles”, libro de Emma Pedreira, gañador do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2019 e tamén do premio ao mellor libro xuvenil do ano 2019 no portal fervenzas literarias.

Cultura

Publica o teu comentario agora