Tempo de pesca no Belelle

A ponte sobre o rio Belelle foi reparada
02 de Abril, 2019 - 11:37 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene reparou a ponte sobre o río Belelle. A actuación está lista de cara ao inicio da tempada de pesca, xa que a infraestrutura é moi utilizada polos pescadores, así como por ciclistas e persoas que gustan das andainas.

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate dos traballos de acondicionamento da ponte sobre o río Belelle. Unha infraestrutura de chapa de ferro que se atopaba en moi avanzado estado de deterioro pola falla de labores de conservación nos últimos anos, derivando así en graves desperfectos, especialmente nas varandillas. Trátase dunha ponte moi utilizada polos pescadores e clubes de ciclismo de montaña, así como polos propietarios de fincas do entorno e camiñantes nas fins de semana –este espazo era onde antigamente se celebraba a Romaría do Belelle-.

Dado o perigo que traía consigo o seu estado, procedeuse a soldar varias chapas da ponte, a colocación de presillas para reforzar a suxeición das chapas e a instalación dunhas novas varandillas. Unha actuación que nace a petición dos veciños e veciñas e que está lista de cara ao inicio da tempada de pesca.

Institucional

Publica o teu comentario agora