Terceira remontada en catro partidos

Terceira remontada en catro partidos
10 de Decembro, 2018 - 01:57 h. | Publicada por Radio Fene

Rápido de Neda 1 – Perlío 2. A exhibición dos visitantes levouse por diante calquera intención do Neda. Adiantouse o Rápido de Neda, pero o Perlío culminou unha nova remontad e xa van tres nesta liga da Segunda Galicia de fútbol. O equipo dos Pinares lidera a clasificación con 12 puntos, catro partidos xogados e catro gañados. Pero na vindeira xornada, descansa, e polo tanto, non puntuará..

ESCOITA O PODCAST:
Rápido de Neda 1 - 4 Perlío. Segunda Galicia de fútbol

O Perlío volveu entrar no partido cunha actitude contemplativa e chega a meter en propia meta o gol do Neda. "Houbo pouco xogo e moitas interrupcións, pero na segunda parte empezamos a controlar máis o balón. Chega o gol de Palma e continuamos con confianza ata o tanto de Isma" apunta o adestrador do equipo dos Pinares Chechu Piñeiro: "Gañamos en dous campos moi dificiles, como o Neda e o Meirás".

Deportes

Publica o teu comentario agora