Terra de viños alegres e felices

Terra de viños alegres e felices
24 de Maio, 2019 - 02:07 h. | Publicada por Radio Monforte

O Miño vai polas doces ribeiras chantadinas, onde a vide se rebaixa para que o sol a bique. Hai fermosos pasos con barcas e vaos aos que baixa a sombra nutricia dos castiñeiros.

Unha mañá de ouro vello en Chantada

Chantada é terra de viños alegres e felices, lixeiros compañeiros, porque non é posible imaxinarse no Paraíso, viños tristes. Hai múltiples locais nos que se pode degustar un tinto xeneroso e facundo. Como dicía Álvaro Cunqueiro, “ é unha vila tranquila e seria, tibia e recatada, para a que un poeta, desde a néboa dos séculos, fixo uns misteriosos versos de amor”. Lembramos os versos de Xoán de Requeixo dun lonxano século XIII: “Fun eu, madre en romaría, a Faro co meu amigo, e venho del namorada por quanto falou comigo”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora