Terractiva demostra que a ecoloxía pode resistir aos recortes

Terractiva demostra que a ecoloxía pode resistir aos recortes

15 de Novembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Hai moitas maneiras de retratar os tempos da austeridade e os recortes. Unha delas é repasar o calendario de eventos e feiras, que adelgaza irremediablemente dun ano para outro. A falla de apoios provoca baixas irrecuperables na programación de actividades. E porén, contra prognóstico e malia a diminución de achegas, hai citas que resisten e volven puntualmente ao noso almanaque. É o caso da Feira Ecolóxica de Arzúa, que durante oito edicións co

A retirada do financiamento que tradicionalmente achegaba a Deputación Provincial da Coruña atrancou a celebración da feira, mais finalmente o propio goberno de Arzúa e Culturactiva apostaron pola continuidade. “É importante que se manteña o traballo”, sostén Manuel Vicente quen, fronte a desaparición doutros eventos por mor da crise, dá “ánimos para que continúen” aos seus responsables. Ao cabo, o esforzo paga a pena. E é que para estes días 17 e 18 “houbo unha demanda incluso maior” de participantes.

Os visitantes poderán acceder gratuitamente ao recinto no que poderán admirar e adquirir os produtos exhibidos por máis de 30 produtores e confeccionados sempre con valores ecolóxicos. Entre as novidades deste ano figura a presenza da panadería, repostería e xeadería ecolóxica, así como de bebidas alcólicas que cumpren a mesma premisa: as empanadas veganas que se serven na cafetería do Terractiva poderanse regar con cervexa e o primeiro viño mencía ecolóxico galego. O público, ademais de degustar a oferta, poderá asistir a obradoiros e mesas redondas ofrecidas polas empresas e asociacións participantes e gozar da xolda que se vai organizar na noitiña do sábado mediante un magosto popular. A programación polo miúdo pódese consultar na web www.terractiva.org .

Sociedade