Ti tes a chave

Ti tes a chave
24 de Agosto, 2020 - 12:37 h. | Publicada por Radio Fene

Ti tes a chave para abrir e pechar o comercio local. Da túa actitude como persoa consumidora depende a vida do pequeno comercio. Dezasete establecementos de Fene participan nun novo outlet que se desenvolverá o vindeiro venres, sábado e domingo. Haberá descontos de ata o setenta por cento.Ademais sortearanse vales de compra por valor de máis de tres mil euros. Despois de dous meses pechados, o pequeno comercio de Fene vaise recuperando grazas á confianza da clientela. Hai moita xente que non sae pero hai outra que vai ás tendas pequenas porque se sinte máis segura, segundo nos explica Ramón Dominguez.

ESCOITA O PODCAST:
Ramón Dominguez, da asociación de comerciantes O Cruceiro

O outlet permitirá ao comercio local dar saída aos últimos produtos de tempada e dinamizar as vendas a través de saldos e promocións que atraian xente. A Feira amplíase nesta ocasión a tres dias. Participan Jomer, Berline, Más Sport, Loli Calvo, Costuras, Lidia Moda, Koralli, Mismores e Un pedacito de mi. Tamén se suman ao outlet, El Baul de Bego, Calzados Locay, Bualá, Pachú, Dama, Dulzia San Ros e Maika Moda.

Sociedade

Publica o teu comentario agora